sexta-feira, 16 de março de 2018

XXXIV PREMIO DE POESÍA “CIDADE DE OURENSE”


CONCELLERÍA DE CULTURA
Rúa da Canle 2
32004 - OURENSE
Tel: 988 391 290
A CONCELLARÍA DE CULTURA DO EXCMO. CONCELLO DE OURENSE Convoca-o

XXXIV PREMIO DE POESÍA “CIDADE DE OURENSE”
de acordo coas seguintes BASES
1.º- Poderán participar todas as persoas que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que as súas obras se presenten en galego ou portugués.
2.º- Non poderán presentarse os/as gañadores/as das cinco edicións anteriores a esta convocatoria.
3.º- Os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de SEISCENTOS VERSOS. Presentaranse mecanografados en follas tamaño A-4, en exemplar sextuplicado, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
4.º- Outorgarase un único premio dotado de SEIS MIL EUROS, e a publicación do libro. O importe do premio concederase con cargo á aplicación orzamentaria 200 3340 48951 do orzamento do Concello de Ourense prorrogado para o exercicio 2018.
5.º- As obras deberán presentarse baixo lema, indicando “PARA O XXXIV PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE” nun sobre pechado. No interior, e noutro sobre pechado e co mesmo lema, figurará unha fotocopia do documento de identidade do autor (DNI, pasaporte, tarxeta de residencia), enderezo, o seu teléfono e o enderezo electrónico.
Unha persoa pode presentar máis dunha obra ao certame, sempre e cando cada unha se presente de forma independente e cumprindo todos os requisitos.
6.º- O Xurado cualificador será nomeado pola Concellaría de Cultura, estará integrado por personalidades das letras galegas e portuguesas, a persoa gañadora do ano anterior e un representante da Corporación que exercerá a presidencia. A súa decisión será inapelable e terá lugar no mes de xuño.
7.º- O Excmo. Concello de Ourense, considera a contía do premio en concepto de adianto polos dereitos de autoría e resérvase o dereito de publicación da primeira edición en papel da obra gañadora.
A persoa beneficiaria do premio recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e ademais formará parte do xurado na seguinte edición.
O/A autor/a queda en liberdade para a contratación de eventuais reedicións transcorridos dous anos desde a primeira edición ou unha vez esgotada esta.
8.º- O prazo improrrogable de presentación rematará ás 14 horas do 20 de abril de 2018. A entrega farase no Rexistro do Excmo. Concello de Ourense (Praza Maior, s/n), directamente ou por correo certificado, facendo constar no sobre “PARA O XXXIV CONCURSO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE”.
As personas que concorran de Portugal poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos.
9.º- O premio poderá ser declarado deserto se, a xuízo do Xurado, os traballos presentados non reúnen suficientes méritos ou non se axustan ás condicións establecidas na convocatoria.
10.º- Os traballos non premiados deberán ser retirados no prazo dun mes desde o día do veredicto. En caso de non se recolleren dentro deste prazo, os orixinais serán destruídos.
11.º- En caso de ser premiado, o autor comprométese a declarar baixo a súa responsabilidade o carácter inédito e non premiado da súa obra, o seu total sometemento ás bases do concurso, así como a pórse a Documento asinado electrónicamente conforme á Lei 59/2003.
A versión impresa do documento electrónico ten a condición de COPIA.
Descarga do documento electrónico na páxina http://sede.ourense.gob.es 'Validación do CSV'
CÓDIGO CSV:LKPQ20QL9OVID0SE
CÂMARA MUNICIPAL DE VILA REAL
Grémio Literário Vila-Realense


Sem comentários:

Enviar um comentário

"Diziam os Antigos" esgotou primeira edição

Tivemos hoje a boa noticia qua anunciamos: "Diziam os antigos", livro do Doutor Jorge Lage, esgotou a 1ª edição!   Lançamento do...