sexta-feira, 6 de fevereiro de 2015

XXXI PREMIO DE POESÍA “CIDADE DE OURENSE”


BASES
1.º- Poderán participar todas as persoas que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que as súas obras se presenten en galego ou portugués.
2.º- Non poderán presentarse os/as gañadores/as das cinco edicións anteriores a esta convocatoria.
2.º- Os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de SEISCENTOS VERSOS. Presentaranse mecanografados e a dobre espazo en follas tamaño folio, escritas por unha soa cara en exemplar sextuplicado, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
3.º- Outorgarase un único premio dotado de SEIS MIL EUROS, e a publicación do libro.
4.º- As obras deberán presentarse baixo lema, indicando “PARA O XXXI PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE”. Nun sobre anexo, pechado e co mesmo lema figurarán o nome, apelidos , n.º de carné de identidade e enderezo do autor ou autora, o seu teléfono e o enderezo electrónico.
5.º- O Xurado cualificador será nomeado pola Concellaría de Cultura, estará integrado por personalidades das letras galegas e portuguesas, o gañador do ano anterior e un representante da Corporación. A súa decisión será inapelable e terá lugar ao redor do primeiro sábado do mes de xuño.
6.º- A primeira edición da obra premiada será publicada polo Concello, e entregaráselle un número de exemplares ao autor. Este queda en propiedade da obra para sucesivas edicións.
7.º- O prazo improrrogable de presentación rematará ás 14 horas do 24 de abril de 2015. A entrega farase no Rexistro do Excmo. Concello de Ourense (Praza Maior, s/n), directamente ou por correo certificado, facendo constar no sobre “PARA O XXXI CONCURSO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE”. Os concursantes portugueses poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos.
8.º- O premio poderá ser declarado deserto se, a xuízo do Xurado, os traballos presentados non reúnen suficientes méritos ou non se axustan ás condicións establecidas na convocatoria.
9.º- Os traballos non premiados deberán ser retirados no prazo dun mes desde o día do veredicto. En caso de non se recolleren dentro deste prazo, os orixinais serán destruídos.
10.º- O feito de participar neste Concurso implica a total aceptación e conformidade das presentes Bases. Todas as incidencias non previstas nestas Bases serán resoltas pola Concellería de Cultura ou polo Xurado cando este quede constituído.
Ourense, xaneiro 2015

Enviado por Jorge Lage e Grémio Literário Vilarealense


Sem comentários:

Enviar um comentário

1000 dias de guerra na Ucrânia

Este criminoso de guerra não iniciou a guerra com a Ucrânia há 10 dias, iniciou-a há 10 anos com a invasão da Crimeia. Ontem houve eventos a...