A CONCELLARÍA DE
CULTURA DO EXCMO. CONCELLO DE OURENSE CONVOCA O XXXIII PREMIO DE POESÍA “CIDADE
DE OURENSE” DE ACORDO COAS SEGUINTES BASES:
1.º- Poderán
participar todas as persoas que o desexen calquera que sexa a súa
nacionalidade, sempre que as súas obras se presenten en galego ou portugués.
2.º- Non poderán
presentarse os/as gañadores/as das cinco edicións anteriores a esta
convocatoria.
3.º- Os traballos
que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de SEISCENTOS
VERSOS. Presentaranse mecanografados en follas tamaño folio, en exemplar
sextuplicado, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
4.º- Outorgarase un único
premio dotado de SEIS MIL EUROS, e a publicación de 150 exemplares do libro.
O importe do premio
concederase con cargo á aplicación orzamentaria 200 3340 48951 do orzamentodo
Concello de Ourense prorrogado para o exercicio 2017.
5.º- As obras deberán
presentarse baixo lema, indicando “PARA O XXXIII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE
OURENSE” nun sobre pechado. No interior, e noutro sobre pechado e co mesmo
lema, figurará unha fotocopia do documento de identidade do autor (DNI,
pasaporte, tarxeta de residencia), enderezo, o seu teléfono e o enderezo
electrónico.
Unha persoa pode
presentar máis dunha obra o Premio, sempre e cando cada unha se presente de
forma independente e cumprindo todos os requisitos.
6.º- O Xurado
cualificador será nomeado pola Concellaría de Cultura, estará integrado por
personalidades das letras galegas e portuguesas, a persoa gañadora do ano
anterior e un representante da Corporación que exercerá a presidencia. A súa
decisión será inapelable e terá lugar no mes de xuño.
7.º- O Excmo.
Concello de Ourense, considera a contía do premio en concepto de adianto polos
dereitos de autoría e resérvase o dereito de publicación da primeira edición en
papel da obra gañadora.
O/A beneficiario/a
do premio recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e ademais
formará parte do xurado na seguinte edición.
O/A autor/a queda en
liberdade para a contratación de eventuais reedicións transcorridos dous anos
desde a primeira edición ou unha vez esgotada esta.
8.º- O prazo
improrrogable de presentación rematará ás 14 horas do 21 de abril de 2017. A
entrega farase no Rexistro do Excmo. Concello de Ourense (Praza Maior, s/n),
directamente ou por correo certificado, facendo constar no sobre “PARA O XXXIII
CONCURSO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE”. As persoas que concorran de Portugal
poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal)
dentro dos mesmos prazos.
9.º- O premio poderá
ser declarado deserto se, a xuízo do Xurado, os traballos presentados non
reúnen suficientes méritos ou non se axustan ás condicións establecidas na
convocatoria.
10.º- Os traballos
non premiados deberán ser retirados no prazo dun mes desde o día do veredicto.
En caso de non se recolleren dentro deste prazo, os orixinais serán destruídos.
11.º- En caso de ser
premiado, o autor se compromete a declarar baixo a súa responsabilidade o
carácter inédito e non premiado da súa obra, o seu total sometemento ás bases
do concurso, así como a pórse a disposición do Concello para a posterior
promoción e difusión do premio e da obra editada.
12.º- O feito de
participar neste Concurso implica a total aceptación e conformidade das
presentes Bases. Todas as incidencias non previstas nestas Bases serán resoltas
pola Concellería de Cultura ou polo Xurado cando este quede constituído.
Para calquera
dúbida, discrepancia, reclamación ou cuestión que poida suscitarse sobre a
interpretación e execución das presentes bases, as partes renuncian ao foro
propio que puidese corresponderlles e sométense expresamente á xurisdición dos
Xulgados e Tribunais de Ourense.
13.º- A persoa
gañadora autoriza o tratamento de datos persoais e a súa inclusión nun ficheiro
xestionado polo Concello de Ourense coa finalidade de estatística. A persoa
interesada poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 15/1999
mediante correo electrónico a cultura@ourense.es ou por correo ordinario á
Concellería de Cultura (rúa da Canle 2– 32005 Ourense).
Ourense, febreiro
2017
Sem comentários:
Enviar um comentário