Para conhecimento dos
interessados, transcrevemos a acta da reunião do Júri:
No Concello de Ourense,
sendo as 17.00 horas do día dezaseis de xuño de dous mil dezasete, REÚNESE o
xurado nomeado para o Premio de Poesía “Cidade de Ourense” na súa trixésimo
terceira edición, e que estivo composto polas seguintes persoas: M.ª Hercília
Agarez, en representación do Grémio literário Vila Realense, Sara Martiñá,
profesora de Lingua e Literatura; Luis González Tosar, escritor e presidente do
PEN Galicia; Edelmiro Vázquez Naval, poeta ourensán e Xurxo Alonso,
gañador da edición anterior e que manda a súa decisión por escrito; como
secretaria, a técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense
Mónica Fernández Valencia, con voz e sen voto, e actuando como
presidenta, a concelleira de Cultura M.ª Belén Iglesias Cortés.
Iníciase a sesión ás
17.30 horas, e despois de examinaren os vinte e nove orixinais presentados, o
xurado quere destacar, en primeiro lugar, o bo nivel creativo das persoas
participantes, condición que prestixia este certame, o máis consolidado do País
e que recolle o espírito de irmandade cultural entre Galicia e Portugal.
Os membros do xurado,
despois de defenderen as súas propostas nun debate intenso, acordaron por
unanimidade conceder o XXXIII Premio de Poesía “Cidade de Ourense” ao traballo
presentado co título:
Subversiva liturgia das
mãos
rexistrado co número 9 na
listaxe de exemplares recibidos no Concello de Ourense. A secretaria procede á
apertura do sobre correspondente, resultando autor da obra premiada: Joaquim
Fernando Rana Fitas.
O Xurado quere destacar
que se trata dunha obra de poemas caudalosos con imaxes moi luminosas referidas
ás vivencias e experiencias cotiás. Estruturado en dúas partes complementarias,
cunha riqueza de imaxes moi suxestivas. A construción da casa como símbolo do
futuro. Travesía pola memoria, sen a súa preservación, nada existe.
A secretaria fai constar
o agradecemento a todos os membros do xurado pola súa participación.
En proba de conformidade,
subscríbese a presente acta da que eu como secretaria dou testemuño, co visto e
prace da presidenta, no lugar e data arriba citados.
CÂMARA MUNICIPAL DE VILA REAL
Grémio Literário Vila-Realense
Sem comentários:
Enviar um comentário